Toma de contacto entre a FGB e a Asociación de Basquetbol de Oporto

A Federación Galega de Baloncesto estende fronteiras. A FGB, representada polos seus principais responsables deportivos e arbitrais, camiña coa mente aberta e proba disto é o contacto que vén de establecer, nesta mesma semana na sede da Delegación Viguesa, coa Asociación de Basquetbol de Oporto.

A entidades lusa, personificada neste encontro polo seu presidente Vitor Carneiro; e o seu Director Deportivo, Paulo Neta; recibiu a calorosa benvida da FGB da man do seu máximo mandatario, Francisco Martín; así como dos Directores Técnicos arbitral e Deportivo, Miguel Ángel Pérez e Carlos Colinas.

Entre todos, e cunha perceptible boa sintonía, departiuse coa intención de establecer puntos en común e, dende esa base, iniciar un marco de colaboración nas distintas parcelas que afectan a ambas institucións. As conclusións extraídas, así como as ideas postas sobre a mesa, serán alicerce para novas xuntanzas.

Satisfeitos con esta primeira toma de contacto, a FGB quere agradecer á Asociación de Basquetbol de Oporto a súa visita e a súa actitude colaboradora.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram