Co adestrador obradoirista Moncho FernĆ”ndez como padriƱo de excepción desta doceava edición, a tradicional cita co 3×3 da vila pontevedresa de MoraƱa terĆ” lugar este venres, 27 de xullo.
Todo a punto en MoraƱa para dar cabida a unha nova, e de seguro que exitosa, edición do “3×3 Carneiro ao Espeto”, evento que organiza a ADC Espeto.
Na xornada deste venres 27, a partir das 10.30 h, en categorĆa jĆŗnior, e 12.00 h en categorĆa sĆ©nior, a modalidade “3×3” serĆ” o centro de atención principal nesta localidade, toda unha anfitrioa de luxo, verĆ”n tras verĆ”n, para este formato de competición.
A actividade virÔ acompañada do incentivo de diferentes sorteos e agasallos, asà como importantes premios en metÔlico para os campións dos xogos e concursos (triplas, mates, etc).Unha estrutura lúdico deportiva ben pensada para facer as delicias de todos os participantes e que conta cun padriño notable: Moncho FernÔndez.
“Referencia para todos os galegos”
O adestrador santiagués foi xa o gran protagonista do acto de presentación do torneo, que tivo lugar o luns na Casa da Cultura ADR Castelao, na propia localidade de Moraña, e no que Moncho estivo acompañado pola alcaldesa da vila, Luisa Piñeiro;o presidente do ADC Espeto, Saúl Ares; e o Delegado da FGB en Arousa, José Luis Renda.
Moncho FernĆ”ndez agradeceu Ć” ADC Espeto a sĆŗa elección como padriƱo e recoƱeceu que non o dubidou nin un instante “pola amizade que o une a SaĆŗl Ares e pola natureza do evento.” Para o padriƱo desta edición “este torneo Ć© unha referencia para todos os galegos, soubo perdurar no tempo e ademais do aspecto deportivo, ten un gran compoƱente lĆŗdico-social”. AsĆ mesmo, destacou a importancia que ten a “implicación de concello e patrocinadores” e animounos a “continuar apostando por un evento de calidade e gratuĆto para todos os participantes.”
Pola sĆŗa banda, o representante federativo, JosĆ© Luis Renda; mostrou a sĆŗa satisfacción “por poder estar un ano mĆ”is en MoraƱa” e destacou o valor que iniciativas deste tipo teƱen na promoción do deporte e do baloncesto, recordando que a modalidade de 3×3 pronto serĆ” unha disciplina olĆmpica.