O VIII Torneo Minibasket Baiona 2014 viviu este mércores, 9 de abril; a súa presentación oficial, na que os organizadores estiveron acompañados polos representantes das diferentes entidades e institucións que fan posible esta cita. Así, ficaron en Baiona para esta apertura: Jesus Vázquez, Alcalde desta localidade; José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; María Pérez, representando á Diputación de Pontevedra; María Jesús Martins, concelleira de Deportes de Baiona; Daniel Benavides, Coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Vigo; e Alfonso Mandado; Presidente do club anfitrión, Club Baloncesto Baiona.
Por parte dos patrocinadores contouse coa presenza de María Troncos, representante de Coca-Cola; e Pablo Louro, en nome de Gadisa.
A Federación Galega de Baloncesto, que quixo amosar tamén o seu apoio a este VIII Torneo, estivo representada polo seu Director Executivo e Técnico na Delegación de Vigo, José Luis Pérez.
Na xornada do mércores, 09 de abril 2004; tivo lugar no salón de plenos do Concello de Baiona a posta de longo oficial do VIII Torneo Minibasket Baiona 2014, que organiza o Club Baloncesto Baiona en conxunto co concello de Baiona estas días, 11, 12 e 13 de abril.
A presentación deu a coñecer os detalle dunha cita anual que conta con gran prestixio nacional, non só pola dedicación ás categorías inferiores do deporte, senón tamén pola calidade e o nivel dos equipos que nel toman parte. Nesta ocasión, e tendo como marco o pavillón municipal de Baiona, serán 24 os equipos que loiten por este prezado trofeo.
Celebrado tamén o sorteo da fase de grupos do torneo en categoría masculina e feminina, a estrutura da competición establécese do seguinte xeito:
Categoría Masculina:
– Grupo A: CB Baiona, CB Vilagarcía, CB Ferrol.
– Grupo B: Porriño Baloncesto Basee, CB Allariz, Estudiantes Lugo.
– Grupo C: Novobasketvigo, Cluny Santiago, CB Culleredo.
– Grupo D: Seis do Nadal, Marín Peixegalego (vixente campión), Maia Basket (Portugal).
Categoría Feminina:
– Grupo A: Porriño Baloncesto Base, Airexa Nigrán, Mercedarias.
– Grupo B: Seis do Nadal, CB Baiona A, Cluny Santiago.
– Grupo C: Academia Celta, Salesianos Vigo, Pontumio Futbolin.
Sistema de Competición
O torneo desenvolverase o sábado coa formación de 4 grupos de 3 equipos, tanto en categoría masculina como en feminina; e clasifícanse para o playoff final os 2 mellores equipos de cada grupo, xogando o domingo unha eliminatoria directa, cuartos semifinal e final, ata coñecer aos campións.
As finais están previstas para o domingo 13 de abril, a partir das 16.00h en masculino, e a desde as 17.00 h en Feminina. Ás 18.00h será a quenda para o tradicional acto de clausura e entrega de premios.