Todo preparado en Vigo para recibir ao “NBA 3X TOUR 2013”

– A cidade olívica recibe este sábado e domingo, 13 e 14 de xullo, a especial visita do “NBA 3x Tour 2013”, cita que encherá Vigo de competición e actividades deportivas e lúdicas pensadas para toda a familia.

– A lenda da NBA Bruce Bowen, ex alero de San Antonio Spurs, tres veces campión da NBA e cinco veces no mellor quinteto defensivo desa liga, estará presente neste evento, sumando un aliciente máis á emoción que transmite este programa itinerante coa promoción do Baloncesto NBA como obxectivo.

Coas inscricións xa pechadas, e cun elevado número de participantes, o “NBA 3x Tour 2013” repite visita a Galicia por terceiro ano consecutivo, elixindo Vigo unha vez máis e desfrutando de novo do incomparable marco da Praia de Samil para levar a cabo todas as accións programadas.

As apaixoantes sensacións que transmite a principal Liga do mundo, que aterra en Vigo grazas á BBVA e contando neste caso coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, viviranse grazas á competición para mozos e mozas, a partir dos 11 anos, desenvolvendo un Torneo que dividirá aos equipos por franxas de idade (U14, U16 e Open +17).

Celebraranse diferentes encontros dos que extraer aos campións locais, os cales, en categoría Open, terán acceso a participar nas finais nacionais en Bilbao, coincidindo estas co ‘NBA Global Game 2013’, encontro que enfrontará a Filadelfia 76ers contra Uxue Bilbao Basket (6 de outubro).

Os calendarios das dúas as xornadas de Competición do “NBA 3x Tour 2013” en Vigo poden consultarse nos documentos que se achegan.

“NBA 3x Tour 2013” – Calendario 13/07/13
“NBA 3x Tour 2013” – Calendario 14/07/13

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram