As cidades andaluzas de San Fernando e Granada acoplen desde este domingo; 25 de xuño, e ata o 1 de xullo, os Campionatos de España de Minibasket de Clubs.
Despois dos júniors, cadetes e infantís, chega a quenda dos máis pequenos, co Mini de Granada e San Fernando. A localidade gaditana recupera así aos mellores xogadores de minibasket despois de ser a sede habitual do Mini de Seleccións Autonómicas.
Os Campións e Subcampións Galegos Minis estarán dentro dos 32 mellores equipos das 19 Federacións Autonómicas que darán vida a esta cita, a cal, ao non contar con clasificación de resultados das últimas edicións, será un sistema de competición con variacións. Competirase con oito grupos de catro equipos cada un, cos dous primeiros clasificándose para a Fase Final.
A partir de aí, oitavos, cuartos, semis e final para determinar aos primeiros campións de España de Minibasket de clubs.
#FEBMiniF2023
San Fernando | 25 xuño – 1 xullo
Representación Galega: Academia Celta Savino del Bene (Campión Galego) e Vagalume Pellets CB Brión (Subcampión Galego).
Grupos de xogo
Grupo C: Academia Celta Savino, EBG Málaga, SPAR Gran Canaria, La Salle
Grupo D: CAB Estepona, Vagalume Pellets, RG Cultura Covadonga, CD Josefinas Azul
#FEBMiniM2023
Granada | 25 xuño – 1 xullo
Representación Galega: CB Seis do Nadal Coia (Campión Galego) e Estudiantes de Lugo (Subcampión Galego).
Grupos de xogo
Grupo E: Filipenses, Marme San Javier, Asturiana Basket, Estudantes Lugo Río Galicia
Grupo F: Seis do Nadal, Agostiños, B Manacor Sport Shop, Real Valladolid