Todo Listo para o 14ª Torneo de Minibasquet 2014 do C.B. Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará nesta tempada 2013/14 a 14ª Edición do Torneo de Minibásquet 2014 “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”, unha cita anual club vigués coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 4 de maio do 2014.

Este Torneo de Minibásquet, que cumpre xa a súa décimo cuarta edición, reunirá os próximos días 1 e 4 de maio ás principais canteiras de baloncesto da cidade de Vigo e da comunidade autónoma de Galicia, congregando a máis de 400 deportistas e preto de 40 técnicos.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia, contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.

Serán 24 equipos os que participarán na competición, 12 en categoría feminina que competirán o xoves día 1 de maio, e outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o domingo 4 de maio.

Os clubs que participarán no torneo con dous equipos, un masculino e outro feminino, son o anfitrión Seis do Nadal, que participará con dous conxuntos en cada categoría, o Colexio Salesianos (Vigo), o Porriño Baloncesto Base que participará con dous conxuntos masculinos e un combinado feminino, o Pío XII (Santiago de Compostela), o Carmelitas Ourense e o AD Bosco (Ourense). A categoría feminina será completada polos equipos Airexa Nigrán, CD Colexio Mariano (Vigo), Cluny (Santiago Compostela), CB Baiona e Cía María (Vigo). Os equipos BBC (Vilagarcía de Arousa), Básquet Coruña, CB Tui e Eduardo Blanco Amor (Ourense), completarán o cadro alevín masculino do torneo..

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans C.B. Cluny Santiago e  Básquet Coruña, campións feminino e masculino, respectivamente, da pasada edición celebrada fai un ano.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram