Todo listo para desfrutar do “XI Día Autonómico do Minibásquet”

O Grupo Correo Gallego renova un ano máis a súa aposta polo “Día Autonómico do Minibásquet”, iniciativa que celebra este mesmo sábado, 31 de maio; a súa XI edición e que, de novo, converterá a Compostela, no referente galego do Minibasket e Preminibasket de carácter lúdico.

Chega o “XI Día autonómico do Minibasket”, unha cita obrigada no calendario dos equipos galegos. Durante toda a xornada deste sábado, 31 de maio; o Pavillón Multiusos Fontes do Sar mudará no epicentro festivo do baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.

A onceava edición desta cita congregará a un total de 98 equipos, que disputarán 104 encontros nas categorías de Minibasket e Preminibasket (desde as 09:30 h atas as 19:30 h).

Haberá equipos procedentes de municipios tan dispares como: Xinzo de Limia, Carballo, Salceda de Caselas, Ferrol, Lugo, Ourense e O Barco de Valdeorras, entre outros. Todos eles desprazaranse en autobuses. Os restantes equipos pertencen a Santiago e Comarca.

Serán nove as pistas que, simultáneamente, verán competir aos 1400 participantes, os cales disporán tamén de espazos para o esparcemento e actividades de ocio dirixidas por monitores.

Presenza activa do CGAB
O “XI Día Autonómico do Minibásquet” contará coa necesaria colaboración do Comité Galego de Árbitros e a propia FGB, implicados de cheo en que esta data tan especial sexa, un ano máis, un éxito. 30 colexiados de toda a Comunidade Autónoma e persoal federativo comparecerán no Multiusos Fontes do Sar para velar polo correcto devir dos encontros e da parte lúdica do evento.

A organización goza tamén do apoio de Concello de Santiago, Coca Cola, Blu:sens, Multiusos Fontes do Sar, McDonald´s e Yáñez, entre outros. A inestimable axuda de: Grupo Scout Chan, 061, Cruz Vermella e Protección Civil será tamén precisa.

“XI Día Autonómico do Minibásquet”: calendario provisional

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram