Todo listo para a “III Jamboree Minibasket Nacional de Clubs”

(Foto: Concello de Santiago)

(Foto: Concello de Santiago)

Un total de 480 persoas participará esta fin de semana en Santiago nesta cita, promovida pola Federación Galega de BAloncesto e o Concello de Santiago, coa colaboración da Xunta de Galicia e Federación Española de Baloncesto.

Esta edición 2016 estará apoiada tamén por Caixabank, Aneto, Molten e 325 Sportswear e Cocacola Iberian Partners.

(info: Concello de Santiago) O concelleiro de Deportes de Santiago de Compostela, Rafael Peña, presentou esta mañá a III edición da Jamboree Nacional Minibasket de Clubs, que se celebrará do 23 ao 26 de xuño nos pavillóns do Restollal e Monte dos Postes. No acto de presentación estivo presente o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, e a secretaria da entidade, Susana Fernández.

Rafael Peña amosouse “moi satisfeito de colaborar na celebración dun evento destas características, no que se darán cita no concello arredor de 480 participantes procedentes de diversos puntos do Estado”. En total haberá 32 equipos, 16 masculinos e 16 femininos, que viaxarán a Compostela dende Melilla, Navarra, Castela e León, Asturias, Andalucía e a propia Galicia.
Ademais, o concelleiro de Deporte quixo “desexarlle sorte aos equipos composteláns que participan”, como é o caso do Rosalía e do Peleteiro. A competición celebra a súa terceira edición consecutiva, todas elas con Compostela como escenario e na mesma reúnense os mellores equipos de categoría minibasket de varias federacións autonómicas.

Deporte de base
O obxectivo deste tipo de eventos é promocionar o deporte de base, “piar fundamental para este Concello que de seguro compartimos coa Federación Galega de Baloncesto”.Entendido coma un campionato oficioso en categoría minibasket, o calendario oficial ofrecerá catro días de competición (do 23 ao 26 de xuño), nos pavillóns do Restollal e do Monte dos Postes. Haberá dúas quendas, de mañá e de tarde, as tres primeiras xornadas, e pola mañá o domingo 26, cando se disputarán os partidos decisorios.

Na edición de 2015 houbo gañadores de Santiago. Na categoría masculina o club Rosalía Fedesa e, na feminina, o Pío XII.

III Jamboree Minibasket Nacional de Clubs: calendariio
III Jamboree Minibasket Nacional de Clubs: calendariio

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram