“TIRO LIBRE SCQ”, novo patrocinador da Federación Galega de Baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto e a tenda de Basket “Tiro Libre SCQ” unen os seus camiños nesta nova temporada 2021 – 2022.

Tiro Libre SCQ pasa a ser o principal patrocinador da renovada App oficial da Federación Galega de Baloncesto, ferramenta principal para estar conectados ás competicións FGB.

A chegada de Tiro Libre ao ámbito federativo como colaborador trae tamén consigo a posibilidade de que os federados que accedan á súa web a través da app da FGB poidan desfrutar durante os próximos 15 días a partir de hoxe mesmo dun código de desconto do 15% nas súas zapatillas de baloncesto para esta temporada. Así mesmo, cada mes veranse beneficiados de descontos e promocións especiais.

Esta primeira acción en conxunto de ambas as partes busca ser a primeira de diferentes actividades de ámbito práctico e coa promoción do basket como obxectivo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram