“Tamén no Nadal estamos contigo”, deseño vencedor do III Certame “O Nadal e o Baloncesto”

A Federación Galega de Baloncesto dá a coñecer o deseño triunfador do seu III Certame de debuxo “O Nadal e o Baloncesto”, obra a través da cal felicitará o Nadal nestas festas que xa se achegan.

Unha creación de Álvaro Campos García Celay, xogador mini do club Defensores do Morrazo, faise con este galardón. A merecedora do premio é unha postal que vincula o espírito do Nadal e do Baloncesto coa imaxe da FGB. Todo baixo o título:”Tamén no Nadal estamos contigo”.

Álvaro faise así cun premio de material deportivo valorado en 100 euros, así como cun televisor SAMSUNG 19″ CLASS. 450 Series. LCD HDTV, cortesía de “la Caixa”.

2º premio
Pola súa banda, e valorando o seu interese ante esta iniciativa, a FGB recoñece a Ana Basanta González, de 11 anos e da disciplina do C.B. Viveiro, como creadora do 2º premio do Certame. O seu galardón virá da man dun agasallo en material deportivo por valor de 60 euros e dun exemplar do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”.

segundo premio ana basanta

A FGB traslada a súa noraboa tanto a Álvaro como a Ana e non quere esquecerse dos restantes xogadores e xogadoras que tamén nos fixeron chegar as súas propostas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram