Talento galego paras as Preseleccións de Formación FEB

A chegada da época estival vén sempre acompañada da boa nova da presenza de xogadores e xogadoras galegas, ou con vinculación ao noso Baloncesto, nas preseleccións de formación FEB, combinados que aproveitan esta etapa final da temporada para intensificar a súa preparación de cara aos Europeos e Mundiais.

Este verán 2012 non chega alleo a esta situación e o acento galego xa se deixa ver nas primeiras listas que a área técnica da FEB fixo públicas nestas últimas datas. En concreto son as Preseleccións U16 masculina, U17 Masculina e U20 Feminina as primeiras en incorporar galegos á súa nómina.

Preselección U16 Masculina
O ourensán Diego Ocampo dirixe unha selección que afronta a Fase Final de preparación para o Campionato de Europa da categoría, a celebrar no mes de xullo en Ventspils (Lituanis) e Vilnius (Letonia).

Os galegos Brais Gago (Estudiantes de Lugo) e Carlos Martínez (Saski Baskonia) serán pezas importantes no traballo previo ao europeo para esta Selección.

Preselección U17 Masculina
O escolta Alberto Abalde, actualmente no Joventut, formará parte desta Preselección, equipo que traballa xa en Guadalajara concentrado para poder chegar en plenas condicións, a partir do 29 de xuño, á cita mundialista de Lituania.

Preselección U20 Feminina
Claudia Calvelo (Ensino) e Marina Delgado (R.C.Celta) daranse cita coa Preselección U20 Feminina na súa vindeira convocatoria. Galicia cobrará dobre protagonismo neste caso, sendo Noia a vila que acolla a partir do 22 de xullo a concentración do bloque que dirixe Anna Caula.

A alero lucense e a pívot da disciplina celeste terán a oportunidade de reunirse xunto a un total de 14 compañeiras máis para axustar os seus mecanismos de xogo de cara ao vindeiro Europeo de Hungría.

Preselección U16 Masculina – Verán 2012
Preselección U17 Masculina – Verán 2012
Preselección U20 Feminina – Verán 2012

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram