SUPERCOPA LF ENDESA 2020: Designacións arbitrais para a Fase Final

(Foto: FEB)

Presencia galega no equipo arbitral da Supercopa LF Endesa. A colexiada Paula Lema estará os vindeiros 12 e 13 de setembro en Bilbao formando parte do grupo de sete colexiados que dirixirán os encontros desta fase final.

Os catro mellores equipos da pasada temporada da LF, Perfumerías Avenida, Spar Girona, Lointek Gernika e Valencia Basket; veranse as caras nunha Supercopa que contará cun experimentado bloque arbitral no que, ademáis da propia Paula Lema, estarán: Javier Bravo Loroño (País Vasco), Mikel Cañigueral Novella (Comunidad Valenciana), Joaquín Lizana Moreno (Andalucía), Mariano Palomo Cañas (Andalucía), Sara Peláez Santana (Madrid) e Sandra Sánchez González (Cataluña). Como comisario actuará Francisco Javier Castillo Centeno.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram