STAR CENTER patrocinará ao Universitario de Ferrol na súa andaina en Liga Feminina

(Foto: Universitario Ferrol)

(Foto: Universitario Ferrol)

O equipo pasa a denominarse STAR CENTER – UNI FERROL.

Universitario Ferrol presentou esta mañá a STAR CENTER como o seu flamante novo patrocinador oficial para Liga Feminina. O equipo da cidade departamental, da man do seu presidente, Leopoldo Ibáñez; o seu adestrador, Lino López; e as súas capitás Mireia Vila e Cristina Pedrals, deron a coñecer este novo apoio así como a equipación oficial e os obxectivos para a presente tempada, na que militan como o único equipo galego na máxima categoría feminina do Basket español. 

STAR CENTER é unha cadea de tendas de electrodomésticos pertencentes ao grupo Cenor que destacan por ser un referente en novas tecnoloxías. A marca conta con once tendas repartidas por toda Galicia e unha en Ponferrada, entre elas a situada na Gándara, dacabalo entre Narón e Ferrol; e tamén cunha tenda online www.starcenteronline.com

Continuando a liña do grupo Cenor por ser diferentes, apoiando iniciativas sociais e deportivas de carácter local, Star Center expándese da man de novas promesas do deporte co seu camiño a percorrer xunto a Star Center – Uni Ferrol.

Para o Universitario Ferrol, tal e como se manifestu na presentación deste luns, é “unha satisfacción poder contar co apoio económico e tecnolóxico de STAR CENTER, unha cadea firmemente comprometida con Galicia, que supón para o noso club un paso adiante para conseguir un sostén económico na máxima categoría do noso baloncesto, que é, no ámbito da muller, o primeiro deporte do noso país”.

Entrevista a Leopoldo Ibáñez, Presidente de Universitario Ferrol: “El Deporte en general necesita financiación, una nueva Ley de Mecenazgo que sea generosa con el apoyo empresarial”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram