O Salón de Plenos do Concello de Marín foi o lugar elixido para celebrar, esta mesma mañá, o sorteo do Campionato de España Junior Masculino, competición que se disputará do 12 ao 18 de maio en Marín, Cambados e Pontevedra.
O FC Barcelona defenderá os títulos obtidos en Porriño (2011) e Zaragoza (2012) nun Campionato de España Junior Masculino que contará cos 32 mellores equipos da categoría, entre os que se atopan tres representantes galegos: Marín Peixegalego, Estudiantes de Lugo e Rosalía de Castro.
Máis de 350 xogadores onde se atopan as grandes promesas do baloncesto español competirán repartidos en oito grupos de catro equipos dos que os dous primeiros clasificados avanzarán á seguinte fase: oitavos de final. A partir de aí, por sistema de eliminación directa, chegarase ata a gran final que se disputará o 18 de maio.
Estes son os grupos:
Grupo A
FC Barcelona Regal (1º Cataluña)
CN Sevilla (3ª Andalucía)
Easo (2º Euskadi)
Real Naútico Tenerife (3º Canarias9
Grupo B
Joventut Badalona (2º Cataluña)
CBA Hedelberg (2º Canarias)
Instituto Rosalía (3º Galicia)
(3º Euskadi)
Grupo C
Blancos de Rueda (1º Castilla y León)
Real Canoe (3º Madrid)
Meridiano Alicante (2º Valencia)
UCAM CB Murcia (1º Murcia)
Grupo D
Gran Canaria (1º Canarias)
Fundación 5+11 (1º Euskadi)
Colegio Leonés-Bto León (2º Castilla y León)
(1º Extremadura)
Grupo E
Estudiantes Lugo Leyma Natura (1º Galicia)
La Herramienta Balear/La Salle Palma (1º Baleares)
CB Cornellá (3º Cataluña)
Agustinos Eras (3º Castilla y León)
Grupo F
Real Madrid (1º Madrid)
CAI Zaragoza (1º Aragón)
Valencia BC A (1º Valencia)
Albacete Basket (2º Castilla la Mancha)
Grupo G
Cajasol (1º Andalucía)
CB Marín Peixe Galego (2º Galicia)
Pemsa Lujisa Guadalajara Basket (1º Castilla la Mancha)
EM Piélagos A (1º Cantabria)
Grupo H
Asefa Estudiantes (2º Madrid)
Unicaja (2º Andalucía)
RGC Covadonga (1º Asturias)
Burlada A (1º Navarra)
Fase Final del XLII Campeonato de España Júnior Masculino – Calendario Completo