O sorteo celebrado na mañá de hoxe determinou – a falla de coñecer quen ocupará os postos de 1º e 2º clasificado da nosa Comunidade- os grupos de competición para as Fases Finais do XVI Campionatos de España Cadetes de Clubs, que se celebrará do 25 ao 31 de maio de 2014 en Zaragoza na súa categoría masculina e en Tenerife en feminina.
(Info: Área de Comunicación FEB) Os Campionatos de España Cadetes de Clubs xa teñen composición de grupos e calendarios unha vez celebrado o sorteo dos mesmos por parte da Federación Española de Baloncesto. A competición masculina celebrarase en Zaragoza mentres que a feminina terá lugar en Tenerife seguindo os seguintes calendarios:
Sorteo Campionato de España Clubs Cadete Feminino (@XVICtoCadete)