Sorteado o calendario do Campionato de España Infantil e Cadete

Campionato España Seleccións autonómicas

Xa se coñecen os grupos de xogo e o calendario do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete que Galicia disputará na provincia de Huelva do 3 ao 7 de xaneiro de 2024.

Chega o primeiro gran evento do ano, e no que as selección autonómicas infantís e cadetes son as grandes protagonistas, Cinco días de baloncesto en dez pavillóns e con casi 1.000 xogadores e xogadoras. A sede volve a ser a provincia de Huelva, por sexta ocasión consecutiva.

PAVILLÓNS: Serán 10 pavillóns en Huelva, Aljaraque, Punta Umbría, Palos de la Frontera e Gibraleón. Cinco deles vivirán partidos de categoría cadete (Carolina Marín, Municipal de Aljaraque, Nuevo Frontón, Corrales e Príncipe Asturias Universidad de Huelva) e en categoría infantil (Andrés Estrada, Plus Ultra, Diego Lobato, Gil Hernández e Gibraleón)

CADETE MASCULINO
Grupo C: Comunidade Valenciana, Galicia, Extremadura e Melilla.

Grupo A: Comunidade de Madrid, Canarias, País Vasco e Cantabria.
Grupo B: Andalucía, Cataluña, Navarra e La Rioja.
Grupo D: Región de Murcia, Principado de Asturias, Castilla la Mancha e Ceuta.
Grupo E: Castilla e León, Aragón e Baleares.

CADETE FEMININO
Grupo A: Cataluña, Galicia, País Vasco e Murcia.

Grupo B: Aragón, Comunidade Valenciana, Navarra e La Rioja.
Grupo C: Canarias, Andalucía, Extremadura e Melilla.
Grupo D: Comunidade de Madrid, Principado de Asturias, C la Mancha e Ceuta.
Grupo E: Cantabria, Cast. León e Baleares.

INFANTIL MASCULINO
Grupo C: Galicia, Aragón, Navarra e Melilla.

Grupo A: Cataluña, Canarias, País Vasco y Extremadura.
Grupo B: Andalucía, C. Madrid, Cantabria y La Rioja.
Grupo D: C. Valenciana, P. Asturias, C. Mancha y Ceuta.
Grupo E: Baleares, Castilla e León e Región de Murcia.

INFANTIL FEMININO

Grupo E: P. Asturias, Galicia e País Vasco

Grupo A: C. Madrid, Canarias, Navarra e Cantabria.
Grupo B: Cataluña, Aragón, Extremadura e Cast. la Mancha.
Grupo C: Andalucía, C. León, La Rioja e Melilla.
Grupo D: C. Valenciana, Baleares, R. Murcia e Ceuta.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram