Dez entidades deportivas de Carballo, entre as que se atopan representado o Baloncesto a travƩs de Escola Basket Xiria e CB Artai, colaboran este Nadal na campaƱa de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.
A iniciativa “NingĆŗn neno sen xoguetes”, que a Cruz Vermella promove a nivel estatal, chegou o ano pasado a 187 nenos, pero este ano poderĆan ser aĆnda mĆ”is, dado o aumento das necesidades entre a poboación.
Dez entidades deportivas de Carballo queren dar un exemplo de solidariedade este Nadal. Con ese obxectivo manteñen activa desde este mércores, 28 de novembro, unha campaña de recollida de xoguetes que a asemblea local da Cruz Vermella repartirÔ entre os nenos de familias con poucos recursos económicos.
O deporte carballĆ©s quere poƱer o seu gran de area para que todos os nenos de Carballo poidan celebrar o dĆa de Reis, e por iso en todos os adestramentos e partidos poƱerĆ”n a disposición dos seus socios e do pĆŗblico en xeral contedores para que depositen os xoguetes.
Dende a Cruz Vermella solicitan, preferentemente, xoguetes novos ou en bo estado de uso. Pero non só fan falla os xoguetes, senón o material preciso para empaquetalos, un labor do que se encargarÔn os voluntarios da oenegué e, este ano tamén, voluntarios das entidades deportivas colaboradoras. Deste xeito, tamén se agradecen especialmente as doazóns de papel de regalo e todo tipo de material complementario para facer os paquetes.
A campaƱa desenvolverase ata o 22 de decembro, e a partir do dĆa 15 as persoas que o desexen tamĆ©n poderĆ”n facer as sĆŗas achegas na base da Cruz Vermella, situada nas vivendas dos mestres, na rĆŗa VĆ”zquez de Parga da localidade de Carballo.
Na iniciativa participan: Escola Basket Xiria, CB Artai, Escolas BalonmƔn Xiria, Volei Xiria, Escola LubiƔns, Club Ciclista Carballo, FC BergantiƱos, Escolas Luis Calvo Sanz, Sysca e AD Fogar. Colabora tamƩn o Concello de Carballo.