
O adestrador xefe do FC Barcelona Lassa, Sito Alonso, participará no Clinic de Pretemporada do Comité Galego de Árbitros.
Tras aceptar a invitación da Federación Galega de Baloncesto, o adestrador disertará sobre “A incidencia do arbitraxe na preparación dos partidos”.
Este Clinic terá lugar na Residencia San Narciso na localidade pontevedresa de Marín, con cuxo Concello mantén un acordo de colaboración a FGB.
Unha edición máis desta cita de pretemporada para os árbitros galegos tras pasadas edicións nas que participaron numerosos profesionais recoñecidos do noso deporte: José María Buceta, Moncho Fernández, Alejandro Vaquera, Juan Carlos Arteaga, Víctor Más, Felipe Llamazares, Carlos Colinas….etc.
O evento está dirixido polo Director Técnico do CGAB, Miguel A. Pérez e os seus colaboradores, comenzarárá o 2 de setembro ás 10:30 hrs e finalizará o 3 de setembro ás 10:45 hrs., cunha asistencia estimada de 80 persoas entre árbitros e técnicos.
O Clinic contempla dúas actividades compartidas con adestradores do ámbito da FGB, a relativa a Modificacións de Regras de Xogo e a referida ao apuntado relatorio de Sito Alonso.
O próximo 23 de agosto ás 12:30 hrs , o Clinic será presentado oficialmente no Concello de Marín.
No arquivo que se achega detállase o programa desta actividade.