Seminario Muller Adestradora: “Crer e Participar”

A Asociación Española de Adestradores de Baloncesto, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, organizan este xoves, 22 decembro, en A Coruña (20.00 h, Palacio dos Deportes de Riazor) o “Seminario Muller Adestradora – Crer e Participar”.

Co obxectivo de debater temas de máximo interese para o desenvolvemento da súa actividade e participación no contexto do mundo do baloncesto, no marco deste evento as participantes poderán compartir experiencias da man de tres compañeiras de ampla traxectoria en diferentes categorías do noso baloncestoIria Uxía Romarís, adestradora axudante do Basquet Coruña en LEB Oro; Sandra Prieto, adestradora do C.B. Costa Ártabra en 1º División Nacional Masculina e responsable Deportiva Zonal FGB na Delegación de Ferrol; e Julia Pena, responsable Deportiva Zonal FGB na Delegación de Lugo e adestradora do Júnior Feminino de Estudiantes Lugo.

As adestradoras interesadas en participar e que finalmente materialicen a súa asistencia poderán validar a mesma por cinco horas de formación complementaria se son alumnas dos cursos de formación FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram