Desde mediados de febreiro ata finais de marzo os 15 equipos da Adecco Ouro e os 14 de Liga Feminina abrirán as súas portas aos técnicos participantes desta iniciativa.
(Info: FEB) Os adestradores en formación volven ter a oportunidade de participar na Semana de Adestramentos que a FEB e AEEB poñen en marcha. Unha actividade de carácter práctico a realizar dentro dos equipos técnicos de Adecco Oro e Liga Feminina.
Unha semana participando nos adestramentos dun club profesional, nas súas charlas técnicas, na preparación dun partido… Todo isto está ao alcance da man de todo aquel adestrador ou aspirante a adestrador con inquietudes por mellorar a súa formación.
A Federación Española de Baloncesto e a Asociación Española de Adestradores de Baloncesto convocan a novena edición da Semana de Adestramentos en Adecco Oro e a sexta de Liga Feminina na que, por suposto, serán parte os equipos galegos.
Adecco Oro
Ribeira Sacra Breogán Lugo – Lisardo Gómez: 9 – 15 de febreiro.
Club Ourense Baloncesto – Gonzalo García de Vitoria: 9 – 15 de marzo.
Leyma Básquet Coruña – Tito Díaz: 2 – 8 de marzo.
Liga Feminina
Universitario Ferrol – Lino López Amado: 23 de febreiro – 2 de marzo.
Inscrición
Os técnicos que desexen ser integrantes deste programa poden tramitar a súa inscrición a través da correspondente Federación Autonómica, neste caso a través da nosa área de adestradores (adestradores@fegaba.com) enviando un mail que reflicta datos persoais e currículo deportivo.
CALENDARIO VI SEMANA DE ENTRENAMIENTOS LIGA FEMENINA 14-15
CALENDARIO VI SEMANA DE ENTRENAMIENTOS ADECCO ORO 14-15