Semana de Adestramentos AEEB con Obradoiro CAB e Moncho Fernández

Unha tempada máis, a Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEEB) pon en marcha a súa xa tradicional “Semana de Adestramentos ACB”, unha actividade que permite gozar, aos adestradores que o desexen, dunha experiencia de auténtica aprendizaxe da man dos clubs ACB.

Trátase dunha excelente oportunidade para coñecer en primeira persoa os actuais enfoques de adestramento ACB e para intercambiar inquedanzas con outros profesionais deste campo. No caso galego, Obradoiro CAB e o seu técnico, Moncho Fernández, serán os artífices, abrindo as portas da súa dinámica e método de traballo durante a semana do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro, datas nas que o equipo da capital galega preparará o seu enfrontamento como local ante C.B. Canarias.

Inscrición: 20 horas de formación continua

Todos os interesados en participar nesta “Semana ACB” deben acceder ao formulario de inscrición, dispoñible aquí para a súa descarga ou na propia web da AEEB, e tramitar o proceso a través do enderezo adestradores@fegaba.comSalientar que será obrigatorio asistir a todas as sesións teóricas que se desenvolvan durante a semana ACB. As sesións físicas, pola súa banda, serán de carácter voluntario.

Ao cese da experiencia, cada adestrador elaborarará un traballo, que será de obrigada entrega e que se materializará a modo de resumo de toda a semana. Posteriormente, un certificado de asistencia que recibirá cada alumno poñerá o broche á actividade e outorgará o dereito a validar a presenza na mesma por un total de 20 HORAS de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

Semana de Adestramentos AEEB 2014 – Información e Formulario de Inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram