Seleccións: Terceira concentración da temporada para Galicia Mini

As preseleccións galegas Mini cumpren un paso máis da súa programación anual. Os dous combinados a cargo de Fernán Varela, en feminina; e Javier Cotelo, en categoría masculina; reuniranse de novo na Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro) esta mesma fin de semana, 10 e 11 de decembro.

Na que supón a súa terceira convocatoria de traballo da temporada participarán un total de 15 xogadores e 18 xogadoras, citado todos para adestrar en horario de mañá e tarde, ambos os días.

A lista completa dos datos dos referidos participantes pode consultarse nos documentos que se achegan, convocatorias oficiais para a ocasión.

Preselección Galega Minibasket Masculina: 10 – 11/12/16
Preselección Galega Minibasket Feminina: 10 – 11/12/16
Planificación 2016 – 2017 – Seleccións Galegas Minibasket

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram