Seleccións Infantís: dobre ración de traballo no menú previo ao Campionato de España

Mentres o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket está en plena marcha cos nosos equipos ubicados xa en San Fernando, na nosa Comunidade permanecen agardando a súa quenda as Seleccións Infantís, cuxa cita nacional comezará en Zaragoza o próximo mércores, 16 de abril.

A expedición infantil galega partirá cara a cidade maña o próximo martes, 15 de abril, ás 09:00 h da mañá, pero antes aproveitará a presente fin de semana para selar a súa preparación. Farao con dobre convocatoria de traballo, sábado 12 e domingo 13, afianzando as ideas e conceptos definitivos baixo a seguinte axenda deportiva:

Selección Galega Infantil Feminina

12/04/14 – Concentración en Santiago de Compostela (Pavillón Lorenzo Latorre)
Encontro amigable: (16:30 h) Galicia Infantil Feminina – C.B. Cluny

13/04/14 – Concentración en A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

Selección Galega Infantil Masculina

12/04/14 – Concentración en Santiago de Compostela (Pavillón Lorenzo Latorre)

13/04/14 – Concentración en Sarria (Pavillón Novo O Chanto)
Encontro amigable: (17:00 h) Galicia Infantil Masculina – C.B. Sarria

Galicia Infantil Feminina – Campionato de España 2014
Galicia Infantil Masculina – Campionato de España 2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram