Seleccions Galegas: xornada dominical de traballo para as minis

15 xogadores e a mesma cifra de xogadoras están citadas a participar da terceira convocatoria desta temporada por parte das Preseleccións Galegas de Minibasket, a celebrar este domingo, 24 de xaneiro; en A Estrada

Ambos os combinados autonómicos desta categoría están a intensificar a súa preparación de cara ao Campionato de España, marcado no calendario para o vindeiro mes de marzo.

Nesta ocasión, o Pavillón Manuel Coto Ferreiro, sede xa habitual para as nosas preseleccións, será testemuña dos adestramentos que comandarán Javier Cotelo coa Selección Masculina e Diana Piñeiro coa Feminina.

As listas oficiais de convocados para esta completa xornada dominical pode consultarse nos documentos que se achegan.

 

Preselección Galega Minibasket Masculina: 24/01/16
Preselección Galega Minibasket Feminina: 24/01/16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram