Seleccións Galegas: último adestramento “mini” en terras galegas

As seleccións galegas minibasket afrontan este domingo, 18 de marzo; o seu derradeiro adestramento en A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro) antes de emprender viaxe, o vindeiro día 22; cara terras andaluzas. Alí, será a localidade de San Fernando (Cádiz) a testemuña da súa participación no Campionato de España entre os días 24 e 28 deste mes.

Nos documentos que achegamos pode consultarse a composición definitiva de ambas as Selección Galegas Minibasket, as cales, lembramos, competirán na cita nacional encadradas do seguinte xeito:

#PlanetaMini2018 – Especial Masculino Grupo B

Galicia, Madrid, Castela León, Andalucía e Murcia.

#PlanetaMini2018 – Especial Feminino Grupo B

Galicia, Madrid, Castela León, Cantabria e Andalucía.

XXXI Campionato de España de Seleccións Minibasket: calendario
Selección Galega Minibasket Feminina – Campionato de España 2018
Selección Galega Minibasket Masculina – Campionato de España 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram