Seleccións Galegas: Tito Díaz chega á Selección Cadete Masculina

As Preseleccións galegas reencóntranse esta fin de semana cos adestramentos. Na que suporá a súa segunda concentración da temporada, os combinados autonómicos, que chegan cunha importante novidade no banquiño cadete masculino; repartirán o seu traballo en dúas vilas galegas, sedes xa habituais para este cometido.

Deste xeito, as preseleccións masculinas desprazaranse ata A Estrada para exercitarse en dobre xornada, sábado, 30 de setembro; e domingo, 1 de outubro. Pola súa banda, as xogadoras convocadas para formar parte das preseleccións femininas visitarán a vila de Noia, permanecendo alí as infantís durante toda a fin de semana, e unicamente o domingo, 1 de outubro, no caso das cadetes.

Tito Díaz, novo seleccionador cadete 
Esta concentración das Preseleccións chega coa importante novidade da incorporación do técnico galego Tito Díaz como novo seleccionador cadete masculino.
Acompañado no banquiño por Hector Méndez, como axudante; e Roi Vega, como delegado; Díaz comandará a Selección Cadete dando boa conta da súa máis que avalada experiencia durante anos na dirección de equipos, contando como a máis recente a súa faceta como técnico en Basquet Coruña ao longo dos últimos catro anos (2013 – 2017).

Preselección Galega Cadete Feminina: Noia, 01/10/17
Preselección Galega Cadete Masculina: A Estrada, 30/09/17 – 01/10/17
Preselección Galega Infantil Feminina: Noia, 30/09/17 – 01/10/17
Preselección Galega Infantil Masculina: A Estrada, 30/09/17 – 01/10/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram