Seleccións Galegas: Programación Infantil e Minibasket

Completada a primeira etapa da temporada 14/15 para as Seleccións Galegas, protagonizada ésta polo traballo cadete, a Área Deportiva FGB traslada o seu centro de atención as idades infantil e minibasket.

Estas dúas categorías contemplan no seu horizonte a cita co Campionato de España, obxectivo no que Galicia xa está inmersa e con tres meses por diante para consolidar.

Deste xeito, e baixo unha planificación previa que se remite nos arquivos que achegamos, o corpo técnico designado pola FGB para levar o temón da preparación destas categorías dispón a partir de agora de catro concentracións de traballo diferentes. Das mesmas, configuraranse os equipos que xa en calidade de Seleccións, e da man de “La Rosaleda”, “la Caixa” e a Secretaría Xeral para o Deporte, representarán a Galicia na competición nacional (abril 2015).

Preseleccións Infantís 14/15
Preseleccións Minibasket 14/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram