Seleccións Galegas: Programación de traballo Infantil e Cadete

Tres meses de intenso e axustado traballo por diante. Ese é o obxectivo temporal que a Área Deportiva FGB vén de estruturar para os combinados autonómicos infantís e cadetes.

As catro preseleccións galegas destas categorías comezaron en setembro a cumprir unha programación de adestramentos e convocatorias que hoxe coñecemos completa.

Suxeita a posibles variacións, esta planificación equilibra a labor dos catro corpos técnicos implicados, así como dos xogadores e xogadoras que vaian formando parte das preseleccións neste trimestre.

Coa seguinte cita en pista marcada xa para esta mesma fin de semana, 3 e 4 de outubro; remitimos de xeito íntegro a indicada programación de traballo. A mesma, coa súa meta establecida nos Campionatos de España (xaneiro 2016), detállase no documento que se achega.

Seleccións Galegas: Programación Infantil e Cadete

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram