Seleccións Galegas: Os combinados minis, de volta ao traballo na Estrada

Terceira cita con carga de traballo para as Preseleccións Galegas Minibasket do total das 12 convocatorias que a Área deportiva FGB ten programada para esta categoría na presente temporada.

Este domingo, 20 de novembro, na localidade da Estrada, escenario e testemuña constante da súas evolucións, as dúas preseleccións minis, feminina e masculina, acometerán adestramentos en horario, únicamente, de tarde.

Os equipos a cargo de Fernán Varela e Javier Cotelo comparecerán na xornada dominical co obxectivo de cumplir a planificación establecida para a súa temporada 2016 – 2017 e perfilar así os combinados definitivos que no mes de abril representarán a Galicia no Campionato de España. Neste caso, os dous técnicos e o seu equipo de colaboradores, contarán cun total de 18 xogadoras e 21 xogadores, baixo a convocatoria que se achega xunto a esta información. 

Infantil e Cadete
A quenda de adestramentos destas dúas preseleccións mini cubrirá o protagonismo da fin de semana no ámbito dos combinados autonómicos. As súas “irmás maiores”, as categorías infantís e cadetes, reservan a súa próxima cita cos pavillóns para o vindeiro día seis de decembo, mes que, sen dúbida, será vital na súa recta final cara o Campionato, a celebrar tradicionalmente na entrada de xaneiro.

Preselección Galega Minibasket Masculina: 20/11/16
Preselección Galega Minibasket Feminina: 20/11/16
Planificación 2016 – 2017 – Seleccións Galegas Minibasket

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram