Escenario disposto para a categoría Minibasket no ámbito das Seleccións Autonómicas. Recén rematado o Campionato Cadete e Infantil, as preseleccións minis son agora as encargadas de aumentar o seu ritmo de traballo e continuar ampliando o ciclo competitivo dos combinados autonómicos nesta temporada 2016 – 2017.
Cunha completa programación de concentracións e torneos aínda por diante, as dúas seleccións que dirixen Fernán Varela (categoría feminina) e Javier Cotelo (categoría masculina) arrincarán xaneiro este mesmo domingo, 15; coa súa presenza en A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro) en dobre sesión de adestramento.
Para esta cita están chamados a participar un total de 16 xogadores e 14 xogadoras, cuxos datos se refiren nos listados que achegamos.
Preselección Galega Minibasket Feminina: 15/01/17
Preselección Galega Minibasket Masculina: 15/01/17