Seleccións Galegas: o minibasket recolle o protagonismo

A categoría minibasket retoma o pulso das selección galegas. Recollendo a testemuña deixada no Campionato de España polos combinados cadete e infantil, a área deportiva FGB céntrase agora na preparación das preseleccións mini, que esta fin de semana regresan a vila de A Estrada.

Baixo a dirección de Rubén Vázquez (CXB Maristas) en categoría feminina; e Javier Cotelo (CB Artai) en masculina, un total de 16 xogadoras e 16 xogadores concentraranse este domingo, 14 de xaneiro; no Pavillón Manuel Coto Ferreiro en dobre sesión de traballo, en quenda de mañá e de tarde. 

A referencia destes 32 citados pode consultarse nas listas oficiais que achegamos.

Preselección Galega Minibasket Masculina: 14/01/18
Preselección Galega Minibasket Feminina: 14/01/18

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram