Novo ano e novo ciclo de traballo para as Preseleccións Galegas nas súas diferentes categorías. Coa recente suspensión do Campionato de España Infantil e Cadete, provisto nun inicio para estes primeiros días de xaneiro e con nova data marcada entre o 9 e o 13 de abril; a programación deportiva das nosas Seleccións renóvase, sumándose agora estas dúas categorías á estrutura e mapa de acción que o grupo minibasket tiña establecida para este presente mes.
Nesta liña, esta primeira fin de semana do ano, as seis preseleccións galegas afrontarán xa xornadas de adestramento, estreando así o calendario de concentracións do 2022.
A dinámica de traballo será a seguinte:
Cadetes e Infantís: 09/01/22 en A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro).
Minibasket Feminino: 08 e 09/01/22 en Marín (Pavillón San Narciso).
Minibasket Masculino: 08/01/22 en Marín (Pavillón San Narciso).
Tanto as programacións das diferentes categorías, así como as convocatorias concretas para esta fin de semana poden consultarse nos documentos que achegamos.
Convocatoria Minibasket: 08-09/01/22
Convocatoria Infantil e Cadete: 09/01/22
Programación 2022: Seleccións Galegas Minibasket
Programación 2022: Seleccións Infantís e Cadetes