Xaneiro de 2022. Ese é o horizonte co que as Preseleccións Galegas Infantís e Cadetes traballan en cada cita das que contempla a súa programación, a cal as volverá a reunir esta fin de semana, 9 e 10 de outubro, nunha sede xa habitual para elas, o Concello de Marín.
Un total de 16 xogadores e xogadoras por cada preselección reuniranse de novo este sábado e domingo nos Pavillóns de A Raña e San Narciso (Marín) para cumprir coa que será a súa terceira concentración do ciclo competitivo 2021 – 2022, que se iniciou no mes de xullo. Con este novo paso, a Área Deportiva FGB continúa consolidando os alicerces dos que serán os catro equipos que representarán a Galicia no Campionato de España a celebrar na xa indicada meta de xaneiro de 2022.
A continuación remitimos a citada programación, na que se dan a coñecer as restantes datas das sesións deportivas que protagonizarán as Preseleccións no futuro, así como os catro listados de xogadores e xogadoras convocadas para esta fin de semana.
Programación Preseleccións Galegas 2021 – 2022: Infantís e Cadetes
Preselección Galega Infantil Feminina: 09 – 10/10/21
Preselección Galega Infantil Masculina: 09 – 10/10/21
Preselección Galega Cadete Feminina: 09 – 10/10/21
Preselección Galega Cadete Masculina: 09 – 10/10/21