Seleccións Galegas: Calendario para o Campionato de España Infantil e Cadete

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete xa coñece o seu calendario. A desputar na Provincia de Huelva (Palos, Huelva, Punta Umbría e Gibraleón) entre os vindeiros días tres e sete de xaneiro de 2017, a competición depara a sorte das nosas catro seleccións repartidas en grupos do seguinte xeito:

Campionato de España de Seleccións Autonómicas CADETE 2017

Cadete Masculino – Grupo Preferente D
Galicia, Islas Baleares, La Rioja e Murcia.

Cadete Feminino – Grupo Especial A
Galicia, Madrid, Aragón, Andalucía e Canarias.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas INFANTIL 2017

Infantil Masculino – Grupo Especial B
Galicia, Cataluña, Andalucía, Euskadi e Castilla León

Infantil Feminino – Grupo Especial A
Galicia, Cataluña, Euskadi, Aragón e Madrid

O calendario concreto de partidos que afrontará Galicia na fase previa de cada categoría, así como a orde de enfrontamentos nas roldas defintivas, pode consultar nos documentos que se achegan.

Campionato de España Infantil 2017: calendario
Campionato de España Cadete 2017: calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram