Seleccións Galegas Cadetes: equipos definitivos para a cita nacional

As Seleccións Galegas Cadetes oficializan as listas definitivas de xogadores e xogadoras que competirán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará en Valladolid entre o tres e o seis de xaneiro.

Ambos equipos, que despedirán o ano na localidade de Tui coa súa derradeira concentración (28, 29 e 30 de decembro, Pavillón Municipal), coñecen xa o seu calendario de xogo, auténtica folla de ruta para o Campionato, así como a páxina web oficial do torneo, na que está dispoñible o Boletín Informativo inicial.  

Nos documentos que achegamos remitimos o indicado calendario de xogo, así como os listados oficiais.

Selección Galega Cadete Masculina
Selección Galega Cadete Feminina
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes – Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram