Selección Española U20F: Presentado o ‘III Torneo Internacional Vila de Noia’

(Foto: feb.es

(Foto: feb.es

Na mañá do mércores, no Salón de Plenos do Concello de Noia, tivo lugar a presentación do “Torneo Internacional de Seleccións U20 Femininas. O acto contou coa presenza da Concelleira de Deportes da localidade, Mary Domínguez; a Presidenta do CB Noia, Nucha Calvo; e da Seleccionadora Nacional, Anna Caula.

(Info: Área de Comunicación FEB) Noia acolle esta fin de semana o “III Torneo Internacional de Baloncesto Feminino U20 – Vila de Noia”, organizado, por terceiro ano consecutivo, polo Club Baloncesto Noia, a Federación Española de Baloncesto e a Federación Galega de Baloncesto, co patrocinio e apoio do Concello de Noia.

A Selección Española U20 ten, unha temporada máis, á vila de Noia como aliada na súa preparación para o Europeo, a celebrarse éste entre o 3 e o 10 de xullo en Udine (italia). E gran parte do traballo previo a esta importante cita continental pasa polo indicado “III Torneo Internacional de Baloncesto Feminino U20 – Vila de Noia”, cuxo calendario ofrece baloncesto dende mañá venres, 20 de xuño, no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia

Venres 20, 19:00 h: España-Suecia

Sábado 21, 19:00 h: Suecia – República Checa

Domingo 22, 19:00 h: España – República Checa

Salientar que a entrada será de balde para todo o público que se achegue a desfrutar do xogo das tres Seleccións. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram