Seis galegos para o Talento U13 FEB

(Foto:FEB)

(Foto:FEB)

A Federación Española de Baloncesto conta coa representación de seis galegos para as súas Seleccións de formación U13, tanto masculina como feminina; que se concentrarán este verán (do 31 de xullo ao 2 de agosto) en Guadalajara.

Durante tres días, os xogadores e xogadoras máis destacadas da temporada pertencentes ás xeneracións de 2002 e 2003 darán, da man da FEB, o seu primeiro paso nas etapas desa época que vai dende os 12 anos, cando se disputa o Campionato de España de MiniBasket, e os 16, cando compiten no primeiro Europeo de carácter oficial.

E, gozando desta oportunidade formativa e de seguemento individualizado, estarán presentes seis galegos, convocados en función do seu ano de referencia:

Selección U13 Feminina Operación Talento 2002

Alba Souto (C.B. Arxil)

Cristina Fernández (R.C. Celta)

Noa Comesaña ( C.B. Seis do Nadal)

Selección U13 Feminina Operación Talento 2003

Noa Padín (R.C. Celta)

Selección U13 Masculina Operación Talento 2002

Ángel Pascual (Blanco Amor Ourense)

Selección U13 Masculina Operación Talento 2003

Santiago Paz (FEDESA)

U13 Feminina – Convocatoria Completa
U13 Masculina – Convocatoria Completa

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram