Segunda edición para o “ALL STAR Galicia”

A Área Deportiva FGB renova a convocatoria do formato “All Star”, cita que celebrará a súa segunda edición esta sábado, 19 de marzo, en Culleredo. Dando un chanzo máis no programa de tecnificación da presente temporada, a parcela técnica da FGB activa o “All Star Galicia” 2016, contando neste caso coa colaboración do Concello de Culleredo e do CB Culleredo.

Repetindo a fórmula coa que este evento naceu en 2015, a FGB reunirá nesta vila (Pavillón Municipal de O Burgo) a 22 xogadoras e 20 xogadores nados no ano 2003 para, ao longo de toda unha xornada, realizar sesión de adestramento e dobre encontro amigable, masculino e feminino e dividido por ubicación xeográfica.

Fernán Varela e Cristino Menor, adestradores colaboradores da FGB, liderarán as dúas categorías, feminina e masculina, respectivamente. Ambos contarán coa colaboración de diferentes técnicos que pasarán a acción co seguinte plan de traballo:

Adestramento Masculino: de 12:00 h a 14:00 h
Encontro Masculino All Star 2003: Norte vs Sur (19:00 h)

Adestramento Feminino: de 10:00 h a 12:00
Encontro Feminino All Star 2003: Norte vs Sur (17:00 h)

A lista dos xogadores e xogadoras chamados a participar neste All Star Galicia 2016 pode consultarse nos documentos que achegamos.

“All Star Galicia” Feminino
“All Star Galicia” Masculino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram