O Comité Galego de Árbitros pon en marcha a segunda edición do seu Curso de Iniciación “On Line” para novos árbitros e oficiais de mesa. Éste dará comezo o vindeiro 17 de xaneiro, co prazo de inscrición aberto ata o luns, día 14.
Tras o éxito e alto índice de satisfacción recollido no primeiro destos cursos, celebrado en novembro do pasado 2012, o Comité Galego de Árbitros renova a súa convocatoria para a formación de iniciación de carácter “on line”.
Ofertando dúas posibilidades horarias, de cara a facilitar o acceso á formación de todos os interesados, o CGAB mantén as carácterísticas deste tipo de cursos, cos que pretende salvar as distancias xeográficas e abrir o abano de posibilidades para a aprendizaxe.
Esta segunda edición do curso “on line” dará comezo o 17 de xaneiro, permitindo ata o día 14 a posibilidade de tramitar a inscrición.
A programación do curso, así como o formulario preciso para poder solicitar a participación, poden consultarse nos documentos que se achegan. Así mesmo, a información detallada sobre os requisitos (inscrición, reparto horario e necesidades presenciais) deste tipo de formación poden consultarse aquí.
Formulario Inscrición – Ficha Alta Árbitros e Oficiais de Mesa.
II Curso Iniciación “On Line”: Programación Horaria.