Savia galega para as Seleccións de Formación FEB

Galicia cobra peso nas Seleccións de Formación FEB, auténticas protagonistas do verán competitivo a nivel nacional e internacional. Valores da nosa Comunidade estarán presentes durantes estes meses de xullo e agosto no traballo da área deportiva da FEB, tanto cos xogadores e xogadoras máis novos, a través da Academia de Iniciación, como nas categorías superiores que afrontan importantes citas europeas e mundiais.

A continuación trasladamos a lista completa de galegos dentro dos indicados Combinados FEB. A representación esténdese dende o apartado de xogadores, ata o de adestradores e preparadores físicos. Sinal, esta última, do bo traballo dos clubs galegos nas diferentes facetas da súas estruturas.

Os detalles (datas, sedes e competicións) das convocatorias que afrontarán cada un dos nosos representantes indícanse nos documentos que, á súa vez, se achegan.

Operación Talento U12 Feminina
Nerea Arambarri (Seis do Nadal)
Berta Rodríguez (Seis do Nadal)

Operación Talento U12 Masculina
Pedro Vieites (Pio XII)
Enrique Melini (A.D. Xiria)
Adestradora: Mariña Penedo

Operación Talento U13 Feminina
Sarai Carro (C.B. Pontumio)
Adestradora: Cristina Cantero (Maristas Vigo)

Preselección U14 Feminina
Paula Ginzo (Carmelitas Ourense)
Paula Valiño (Carmelitas Ourense)
Blanca Millán (Peleteiro)

Preselección U15 Feminina
Paloma Dorda (Maristas Coruña)
María Perez (Celta de Vigo)

Preselección U15 Masculina
Jonathan Barreiro (Sant Yago)
Fisioterapeuta: Tomas Richartz (Obradoiro C.A.B.)

Preselección U16 Masculina
Brais Gago (Estudiantes de Lugo)
Carlos Martínez (Saski Baskonia)
Adestrador: Diego Ocampo

Preselección U17 Feminina
Marta Canella (Celta de Vigo)
Rebeca Navarro (Perfumerías)

Preselección U18 Feminina
Adestrador: Miguel Méndez

Preselección U18 Masculina
Adrián Chapela (Estudiantes de Lugo)

Preselección U20 Feminina
Marina Delgado (Celta de Vigo)
Claudia Calvelo (Porta XI Ensino)
Leyre Carrascosa (Universidad Valladolid)
Preparador Físico: Mario Muñoz (Celta de Vigo)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram