
A AEEB (Asociación Española de Entrenadores de Baloncesto), en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e o Obradoiro CAB, pecharon esta semana pasada coas mellores sensacións deportivas tras a celebración, entre o luns 27 de xaneiro e o domingo, 2 de febreiro, dunha nova edición da súa Semana de Adestramentos ACB en Santiago de Compostela.
Grazas á mesma, e previa solicitude, 19 técnicos galegos desfrutaron da oportunidade de asistir aos adestramentos de Río Natura Monbus celebrados durante esas datas e programados para preparar o seu último encontro clave ante Iberostar Tenerife (02/02/14 – 12.00h ), saldado este finalmente cunha traballada vitoria (84 – 76).
Os participantes puideron coñecer de preto a realidade semanal, sesión a sesión, dun equipo ACB, compartindo co staff técnico encabezado por Moncho Fernández a labor que este realiza na busca da mellor programación de cara a un partido de Liga ENDESA.
Ao cese da experiencia, a actividade puxo o seu peche coa entrega, por parte de cada participante, dun informe persoal configurado como resumo do vivido. Un colofón ao todo un proceso de aprendizaxe perfecto para os adestradores galegos máis novos.