Santiago renova convocatoria para a formación de iniciación

Os días 14, 15, 21 e 22 de xuño son os escollidos para materializar a fase presencial deste Curso, deseñado para adestradores.

As instalacións do Colexio Manuel Peleteiro volverán a ser as mellores aliadas da FGB para levar a cabo un evento destas características dentro do territorio compostelán. 

A Delegación FGB en Santiago pon en marcha de novo o seu mecanismo formativo e ofrece a posibilidade de participar nun renovado Curso de Iniciación para Adestradores.

A zonal santiaguesa anuncia a celebración desta iniciativa didáctica para os vindeiros días 14, 15, 21 e 22 de xuño; establecendo os requisitos de participación na mesma baixo a estrutura habitual que marca a Área Deportiva FGB.

Así, todos os interesados en solicitar a súa inscrición nesta nova oportunidade de crecer como adestradores poden facelo se cumpren as seguintes pautas: 

– Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso

– Abonar a cota de preinscrición (200 euros) que inclúe taxas de matrícula ordinaria, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación e material didáctico.

Nos documentos que achegamos poñemos a disposición dos interesados toda a información e formularios oficiais para tramitar a inscrición, a cal mantén o seu prazo vixente ata o próximo 10 de xuño.

Delegación FGB Santiago
delegacionsantiago@fegaba.com
981585040

Convocatoria: Iniciación 2013 – 2014
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación
Bolsas de Axuda Económica 2013 – 2014
Formulario Solicitude Bolsas 2013 – 2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram