Santiago e Porriño, sedes para as Fases Finais da Copa Galicia Júnior

A maquinaria das Fases Finais das Copas Galicia júnior está xa en marcha. Definidos esta fin de semana os equipos participantes e designadas as sedes para cada categoría, masculina e feminina, so resta coñecer o nome dos novos campións.

Porriño e Santiago de Compostela acollerán este domingo, 28 de outubro, as Fases Finais das Copas Galicia Júnior masculina e feminina, respectivamente.

O Pavillón municipal da localidade viguesa será a sede para a Fase Final masculina, na que se enfrontarán os tres mellores equipos da fase previa: Estudiantes Lugo, Canteiras “A” e Marín Peixegalego; xunto ao mellor segundo, COB Salesianos.

Pola súa banda, no apartado feminino, Peleteiro será o equipo encargado de organizar na súa casa (Pavillón de Montouto) a xornada final da Copa. Xunto a él, clasificado como o mellor segundo da liguiña previa, comparecerán Real Club Celta de Vigo, Compañía de María e Pontumio. Os tres, primeiros de grupo na fase de clasificación.

Cun calendario, en ambos os casos, programado para estenderse mañá e tarde, chegan as semifinais e finais dunha Copa Galicia que conta co apoio e patrocinio de “la Caixa”.

Copa Galicia Júnior – Fases Finais: calendario.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram