Santiago e Ferrol activan formación para novos adestradores

Ambas as dúas delegacións FGB atópanse en pleno proceso de recepción de inscricións para os seus correspondentes cursos de iniciación para Adestradores, a celebrar no próximo mes de Febreiro.

As delegacións zonais FGB en Ferrol e Santiago convocan para a segunda quincena de febreiro cadanseu curso de iniciación dirixido a adestradores.

Coas datas concretas xa estipuladas, tanto Ferrol como Santiago repartirán as aulas ao longo de catro xornadas durante as que levar a cabo a carga lectiva (35 horas) estipulada pola normativa oficial dos cursos de iniciación.

As datas escollidas en cada caso para impartir a formación son:
Santiago: 14, 15, 16 e 17 de febreiro (sede: Colexio Manuel Peleteiro)
Ferrol: 14, 15, 21 e 22 de febreiro. (sede: Narón. Colexio Santiago Apóstol)

Requisitos e inscrición
Os interesados en solicitar a súa inscrición como alumnos nunha ou noutra localización poden facelo ata o día 10 de febreiro, data na que se pechará este proceso previo. O trámite deberá realizarse a través das propias Delegacións Zonais:

delegacionsantiago@fegaba.com
delegacionferrol@fegaba.com

Nos documentos que se achegan remitirmos a documentación a consultar de xeito previo á inscrición, así como o formulario axeitado para xestionar a mesma.

Normativa Adestradores Iniciación 2014 – 2015
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram