Centrada a máxima atención nas seleccións de categoría cadete, a escasas datas de afrontar o Campionato de España, as restantes preseleccións galegas, sen cita deportiva oficial ainda á vista, non descansan.
Deste xeito e localizando o seu traballo no Pavillón Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), as xogadoras e xogadores dos combinados infantís exercitaranse, aproveitando as datas vacacionais que o Nadal ofrece.
O seu programa de horarios configúrase do seguinte xeito:
Preselección Galega Infantil Masculina
26/12/12. Pavillón Rosalía de Castro.(09.45 h – 18.15 h)
Preselección Galega Infantil Feminina
27/12/12. Pavillón Rosalía de Castro.(09.45 h – 18.15 h)
Nos documentos que se achegan poden consultarse as listas de ambas preseleccións para esta convocatoria.