Rusia vence a Eslovenia no primeiro encontro do “Torneo Internacional Feminino U18” de Lugo

A cidade de Lugo acolle dende a tarde deste venres, 13 de xullo, no Pazo dos Deportes, un Torneo Internacional Amigable no que as Seleccións Nacionais Femininas U18 de España, Eslovenia e Rusia poñen a rodar o seu motor de cara a preparar o Europeo da categoría (Rumanía 2012)

Antes do debut español, programado para este sábado ás 19.00 h ante Eslovenia, este último combinado nacional protagonizou xunto a Rusia, na propia tarde do venres, a apertura do Torneo. 

Torneo Feminino Internacional Amigable U18 (Lugo, 13/07/12 – 19.00 h)

Eslovenia – Rusia (52 – 83)
Tanto Eslovenia como Rusia saíron á pista co obxectivo de impor elevado ritmo ao encontro.Os dous primeiros cuartos foron ben intensos, destacando o aspecto defensivo por parte de ambos os conxuntos, con constantes intercambios de canastras. Baixo este panorama, chegábase ao descanso cun 34-37 a favor do equipo ruso.

Tras o descanso, Eslovenia tentou manterse no partido e conseguiu acabar o terceiro cuarto cun 11-18. Pero nos derradeiros dez minutos pagou a factura do esforzo realizado anteriormente e permitiu que Rusia, a base de numerosas rotacións, mantivera e ata incrementara a súa intensidade defensiva, roubando balóns e conseguindo canastras sinxelas.

As eslovenas eran incapaces de parar á forza rusa, a pesar de buscalo infrutuosamente a base de faltas persoais. Ao remate do derradeiro cuarto un parcial de 7 – 28 a favor de Rusia dáballe a vitoria final cun tenteo de 52 – 83.

Estatística: Eslovenia – Rusia (52 – 83)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram