Roi Rilo, un colexiado galego na final masculina do #Infantil2014

O Comité Galego de Árbitros, representado no xa rematado Campionato de España de Seleccións Infantiós 2014 por tres dos seus colexiados, deixou o seu particular acento na xornada final.

Se a Zaragoza viaxaron Guillermo Ríos, Adrián López e Roi Rilo, e tras realizar os tres un óptimo campionato, a FEB quixo contar coa designación deste último  para a súa participación nun dos encontros máis importantes de todos os celebrados en Zaragoza nestas datas; a final masculina, protagonizada por Andalucía e Madrid.

Dende aquí, celebrar o bo traballo dos nosos tres representantes na parcela arbitral e, por suposto, destacar e trasladar a nosa felicitación a Roi Rilo pola súa intervención na gran final, todo un premio á sua actuación neste Nacional de categoría infantil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram