Reunión de traballo das Federacións do norte de España

(info: Federación Riojana) Na tarde deste luns, 5 de xuño: tivo lugar na cidade de Bilbao, sede da Federación Vizcaína de Baloncesto; unha proveitosa reunión de traballo onde participaron as Federacións do norte de España que comparten grupo na Liga EBA e, conxuntamente, traballan para a mellora das competicións nacionais tanto de Primeira como de Segunda división, masculina e feminina.

A esta xuntanza asistiu o Presidente da Federación GAlega de Baloncesto, Francisco Martín; que compartiu cita cos Presidentes e representantes de Rioja, Asturias, Cantabria, Castilla e León, País Vasco e Navarra. Xuntos debatiron e analizaron a situación destas competicións e marcaron diferentes liñas de traballo co fin de acordar, de cara á próxima tempora, melloras nas ligas nacionais.

Reunións como a celebrada este luns, marcan e fomentan os valores de unidade, diálogo e integración entre Federacións autonómicas, que buscan solucións a problemas comúns e que fan mellorar por e para un baloncesto de futuro, sempre ao amparo da Federación Española de Baloncesto, co seu Presidente, Jorge Garbajosa; á cabeza. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram