A Federación Galega de Baloncesto continúa a presentar os detalles do que será o seu “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB”, a celebrar en Vigo entre o 30 de xuño e o 14 de xullo, en dúas quendas diferenciadas segundo a idade.
A Residencia ACEIMAR, sede para este ” I Campus” recolle hoxe a nosa atención, dando a coñecer cales son as súas prestacións e porque foi a escollida como perfecto escenario.
ACEIMAR ofrece un espazo inmellorable para a práctica do Baloncesto. Con Pavillón Polideportivo dotado de dúas canchas interiores de Baloncesto e outras tantas de minibasket. Xa no exterior, son catro as pistas nas que se pode levar a cabo o traballo: unha de baloncesto e 3 de minibasket.
Así mesmo, a localización do “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB 2012” conta con numerosas posibilidades que complementan a oferta deportiva: aulas de informática, espazos de emprego polivalente segundo as actividades, Multicine, Piscina e Pistas exteriores para desenvolver diferentes actividades lúdicas e de ocio.