Regulamento Definitivo para a categoría Minibasket

A Federación Galega de Baloncesto fai público o novo Regulamento para as Competicións de categoría Minibasket que entrará en vigor xa na vindeira temporada 2012 – 2013. A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto achega no día de hoxe este documento definitivo tras sometelo a estudio e a modificación.

A Federación Galega de Baloncesto desexa agradecer a todos aqueles clubs que no seu momento responderon ao chamamento realizado pola FGB e achegaron as súas opinións, ideas e propostas de cara a elaboración da modificación final deste regulamento.

Regulamento Minibasket 2012 – 2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram